sábado, 21 de marzo de 2015

Soldado entre comillas

Esta vez, nesta entrada vou contar a historia do meu avó paterno, o cal estivo na Guerra Civil española que enfrentou a republicanos e a nacionais.

A Guerra Civil española foi un conflicto belico-político-ideolóxico que tivo causas na economia e que comezou no ano 1936 e acabou no 1939. Nesta guerra víronse involucrados millóns de persoas dun mesmo país enfrentadas en diferentes bandos. Algunhas desas persoas querían ir a guerra pero outras non aínda que tiñan que ir por obligación.

Un deses casos foi o do meu avó paterno o cal estivo en toda a guerra e tivo que ir por toda España adiante por obligación, aínda que él aproveitaba os despistes dos oficiais...

O meu avó chamábase José Calvo Garcia, naceu no ano 1911 e morreu no 1993, na guerra iba no bando dos nacionalistas. Meu avó non quixo ir a guerra e como tivo que ir, non lle prestaba toda a atención ao conflicto bélico pero aínda sen prestarlle moita atención era tirador. Contrariamente con esta ultima frase, era pacifista, é dicir, disparaba por obligación pero non para matar, a veces incluso disparaba ao aire. Outra cousa destacada foi que tivo que trasladarse a moitos lugares, sobre todo estivo en Zaragoza e no Ebro.

O primeiro que facía ao chegar a un pobo era buscar moza. Unha das cousas que facía con frecuencia era que cando un oficial lle obligaba levar dinamita a un sitio, el cambiaba a dinamita por chourizos que comia polo camiño. Era un home peculiar.

Unha das frases que mais dicía era que nesa época tiña máis valor un cabalo ca unha persoa porque cabalos había poucos.

Pareceume interesante a historia do meu avó e de ahi que a elixira para esta entrada. Era un bo home segun me contaron, xa que nunca puiden coñecelo e por iso, gustoume moito que me contaran esta historia sobre él.




viernes, 20 de marzo de 2015

A miña familia


Aqui vos ensino a miña árbore xenealóxico de parte materna e paterna ata bisavós e o lugar de nacemento dos meus pais, avós e bisavós. Nas seguintes imaxes ensino toda a historia da miña familia no seculo XX e o lugar de nacemento. Practicamente a maioria da miña familia directa non saiu do lugar de nacemento a excepción duns poucos que comentare noutra entrada

Sinto a calidade das fotos pero o meu mobil non da sacado mellores imaxes.