jueves, 18 de diciembre de 2014

O futuro do rock galego

Normalmente cando alguen fala de música en galego, o primero que se che ocorre e máis se ves de fora, é pensar que o típico en Galicia sería música de gaitas, música clásica... pero esos son os tópicos e coma todos, estes tópicos estan para romperse. Pero para que isto pase, ten que haber un conxunto de grupos ou bandas que mostren que hai outros camiños, e un destes grupos que romperon con tradicional foi Adóbriga.

O lema de Adóbriga é un raposo no que debaixo encontramos dúas guitarras eléctricas cruzadas



Adóbriga é un grupo de rock de orixe ferrolano que compon música tanto en galego coma en castelan pero cun proposito claro, demostrar que o rock tamén pode triunfar en Galicia. Adóbriga empezou fai 3 anos e agora son un grupo que xa actuan en grandes cidades galegas coma Santiago.

Adóbriga está formado por 5 amigos e o nome ven dun pobo prerromano da comarca de ferrolterra que se axusta perfectamente as características do grupo.

Tiveron un par de entrevista co xornal "A Voz de Galicia" unha no comezo do verán de 2014 e outra un ano antes en pleno mes de xullo.

Aquí un video no que se mostra como ven o mundo, os seus orixes...

En conclusión, este grupo é moi xoven xa que so ten 3 anos, camiño dos 4 pero teñen un futuro moi amplo e con esplendor. Poder ter influencia na cultura galega e castelán, aínda que non a teñen na actualidade.

Non teñen unha influencia na actualidade pero elexin esta grupo para poder reflexar un futuro esperanzador e con moitas ilusións tanto para o grupo coma para o rock en Galicia. Espero que este grupo teña o futuro que lle corresponde e sexa un referente para outros moitos grupos de rock en Galicia.



viernes, 12 de diciembre de 2014

20 anos levando a cultura ao estranxeiro

Antes de facer este entrada, observei que este mércores 17 entréganse os Premios da Cultura Galega 2014, onde recoñécese a todas as persoas, grupos ou institucións que favorecen o desenvolvemento da cultura galega, pero eu non viñ a falar disto nesa entrada, eu veño a falar dun dos gañadores deste premio. 
Nesta entrada vou a falar de Agapi



Agapi(Asociación galega de produtoras independentes) é unha asociación empresarial que agrupa a aproximadamente empresas produtoras de cine, televisión, publicidade... e contribue ao desenvolvemento da industria galega. Ademáis, son uns dos recentes gañadores dos premios comentados anteriormente pola súa labor audivisual.

Esta asociación que compre 20 anos dedica o seu traballo a internacionalizar a cultura galega e levala a todolos sitios posibles.
Agapi é unha empresa galega que sorprendeu por todo o que fixo, nunha palabra, innovou, e por iso organizou a primeira representación galega no maior e millor mercado de todos, no tema audivisual, en Cannes (Francia). Tamén participaron na elaboración da aprobación dunha nova lei estatal de cine do 2007.



Aquí a directora de Agapi(Dolores Ben) recolle o premio da cultura galega.

Por qué lle dedico a miña entrada a falar de Agapi? 
Porque parecenme que fan unha labor moi difícil e realizono moi ben. Levan 20 anos innovando e levando a cultura galega audivisual ao estranxeiro, algo que non é doado e que leva moito tempo facelo.

A conclusión que saco de todo este tema é que persoalmente pareceme que Agapi intenta levar a cabo o que os galegos queremos que pase pero que non facemos moito por conseguilo, é dicir, queremos que a cultura galega sexa moi boa, visto en todos mundos etc, pero preferimos ver películas extranxeiras, series estranxeiras… Aínda que por desgraza teño que incuirme neste grupo, xa que a televisión e Internet provocaron que o que o espectador medio quere ver é acción, moitas luces, pirotecnia… pero deberíamos ver unha película ou unha serie non polos elementos externos, senón pola calidade da propia serie ou película.

Para os que queirades saber máis deste tema podedes visitar a súa páxina web ou ben o seu twitter

domingo, 7 de diciembre de 2014

A dureza da vida

O tema que temos que tratar este mes é o de Galicia culta, despois de pensar un bo anaco e de buscar moito, atopei a un escultor do cal non oín falar nunca nin nos medios de comunicación nin noutro lado, este escultor chamase Xosé María Acuña López.

Xosé María Acuña López é un escultor galego de Pontevedra que naceu no 1903 e morreu en Vigo no 1991. Os país de Xosé María, tiveron oito fillos, dos cales 4 naceron xordos e Xosé María foi un deles, elexin a este home porque pese as dificultades que tiña, logrou ser un referente para todos os xordos e para todos os escultores, xa que foi un dos mellores escultores de Galicia, aínda que non foi moi recoñecido en vida.

Este home fixo da súa escultura, a súa linguaxe, todas as obras que realizou foron cun sentido, cunha temática clara coa que quería expresar todas as súas opinións dun método distinto,non expresaba o que sintia a través da linguaxe, senón que o facía a través da escultura.

Aquí, un exemplo da súa escultura, cunha obra que realizou para a cerámica de Pontecesures



A temática das súas obras son os hitos de Galicia e os seus habitantes, usa héroes anónimos coma os peregrinos e conten unha vocación educativa. Tiña una forma moi realista de facer as caras, según el, as caras das esculturas deben representar a personalidade, o estado de ánimo e a dureza da vida. Trata os corpos con un coidado exquisito coas debidas proporciones e usando o barro coma se parecerá tela. Ten obras en China, Xapon, Estados Unidos...

Ten varías esculturas moi boas, pero as que destacan son "Mariñeiros” e “Peregrinos loitando contra o vento”

En "Mariñeiros" vese a 3 figuras, un mariñeiro, e ao seu lado parece que está a súa muller e o fillo. O mariñeiro está coidando a sua familia por todos os problemas que teñen que sufrir e pasar con máis pena ca gloria.




En "Peregrinos loitando contra o vento", vese como di o título, un peregrino que está facendo o camino cara Santiago e loitando contra os fenómenos metereolóxicos adversos aos que ten que facer frente para lograr o seu obxetivo de pregrinación.



Foi o primeiro docente sordo de Galicia, e exerceu esta profesión durante moitos anos. sendo a súa segunda gran vocación por detras da escultura. Durante un tempo, deulle clase a persoas coa mesma discapacidade ca el, os alumnos dicían que era coma o sea segundo pai, foi un exemplo para todos eses alumnos que soñaban con ser coma el.

Non recibiu moitos premios para todo o que fixo, pero a maioría son importantes, como a medalla ao Merito e o Traballo e no 1990 a medalla Castelao.

Cando morreu tivo máis recoñecento que cando estaba vivo, xa que como pasa neste país, é máis fácil reconocer a unha persoa cando xa esta morta que a unha cando esta viva xa que todo cobra maior importancia cando o perdemos.  
En Vigo tivo bastantes recoñecementos, leva o nome dunha rúa, o nome dun colexio e fixéronlle un busto como tributo ao seu traballo, tamén tivo algún recoñecemento na provincia de A Coruña, cunha exposición que presentou o seu fillo




Este home é un exemplo para todas as persoas, demostrou que con esforzo, traballo e moita paciencia pódese sacar todo o que se quere, este home ten moito merito por todo o que fixo, o que innovou e a herencia que deixou, deulle importancia a escultura e unha nova forma de comprendela. Grazas a él, a escultura, tanto galega coma española, tomou un novo rumbo, foi xunto a outros grandes artistas, as persoas que lle deron un novo rumbo a escultura.


Aquí un video que encontrei sobre a súa vida, non ten ningunha música de fondo pero trata sobre alguns acontecementos da súa vida.