jueves, 30 de octubre de 2014

Pesca Destructiva

Hai un problema moi claro que parece facil de solucionar pero que como non fagamos algo por solucionalo vai ser un problema irremediable

Do que estou falando é da pesca excesiva, é dicir, de pescar en exceso que provoca problemas como a reducción de peixes e que causa un forte impacto no ecosístema mariño.

Antes criase que isto non sucedería e quie poderiamos seguir pescando sen problemas pero actualmente vese que este problema segue e continua aumentando e esta empezando a provocar a desaparición de diferentes especies mariñas.

O tipo de pesca máis agresiva segundo os científicos e os expertos en xestión de pesquerias é a de arrastre de fondo. Este tipo de pesca consiste en que hay como un "rastrillo" que leva acoplado unha gran red cuns pesos para manter as estructuras fixadas ao fondo e así arrastrar a todos os peixes que collan.
Este tipo de pesca está cerca de extinguir a anchoa do cantábrico e tanto o Goberno Español como a Unión Europea intenta solucionalo pero non o fan moi ben.

Greenpeace levou a cabo unha actividade en 2011 que consistiu en pintar alguns barcos en Vigo coa frase "Stop Subsidios" para denunciar que o diñeiro dos ciudadanos esta indo hacía unha pesca destructiva


Aquí vos deixo un pequeno video que trata sobre a sobrepesca en Galica

miércoles, 22 de octubre de 2014

A importancia de coidar o noso

Esta semana, vou tratar un tema que é un dos problema máis importantes de Galicia,

O tema que vou tratar hoxe é a calidade das augas. A calidade das augas podese definir como as características químicas, físicas, bióloxicas e radióloxicas da auga.





En Galicia, sempre foi e será moi importante o problema da calidade da auga, os cauces fluviais e as rías reciben todo o tempo vertidos de auga, tanto de industrias como de aldeas ou das cidades. Aqui vos deixo un video dun anuncio de 2010 sobre este tema.

O litoral está moi afectado por este tema, e dañan tanto as paisaxes como o ecosístema mariño, por exemplo,  Ría de Ferrol  ten 500 focos contaminantes e a Illa de Arousa ten 150.

Ademaís, en Galicia, hai 30 playas galegas que figuran na lista das playas con peor auga para o baño. Entre elas, as peores son BarallobreA Cabana...
Con isto observamos o mal que estamos a coidar a auga en Galicia, e, ademaís tamén hai un gran número de praias que teñen unha calidade de auga deficiente.





Somos culpables da calidade que teñen as nosas augas, aínda que os máis culpables son as grandes industrias que sonas que  verten a maioria do vertido, aínda que seguramente verteran máis pero iso non o sabemos. Temos que coidar as nosas augas porque son moi importantes para a vida diaría e senón as coidamos pode que algún día en non moito tempo, arripintámonos para sempre de non tomar esa decisión.

A información saqueina dun par de artículos, que vos vou deixar abaixo por se queredes lelos
A auga das prais e moito por facer en Galicia

Grazas por ler esta entrada, espero que vos guste. Un saudo.

miércoles, 15 de octubre de 2014

O desastre de Xuvia

Benvidos, esta é a segunda entrada que fago no blog, e neste caso vou falar sobre a piscifactoria de Xuvia. Teño que recoñecer que son sabía da súa existencia nin do que lle pasou pero grazas a Manolo empecei a buscar información sobre o tema e pareceume o bastante interesante para traelo ao blog.

Unha piscifactoría é unha instalación dedicada a cria de peixes para o seu consumo. A piscifactoría de Xuvia empezou no ano 1973 pero trece anos máis tarde no ano 1986, a conserveira de San Sadurniño "O Cisne" vertiu residuos que provocou un desastre ecolóxico. 

O río Xuvía nace no concello de Somozas, atravesa Moeche e San Sadurniño e desemboca en Xuvía, entra Narón e Neda. A conserveira ademáis de fastidiar a piscifactoría, tamén provocou a morte de numerosos peixes.

"O cisne" foi unha conserveira de San Sadurniño que tivo moitos traballadores procendentes de Navantia e que obtivo subvencións do Estado Español e Europeo. "O Cisne" foi creado unicamente para gañar diñeiro das subvencións, e ademáis de estafar, destruiu unha das mellores piscifactorias de Galicia.




Manuel Rico, o dono da piscifactoría, dixo que na súa piscifactoría logrou almacenar ata 300 toneladas de peixes. Tiña un lugar bastante bo e fíxose famosa por ter moito bonito. A piscifactoría pasou por un momento de xuizos no que intentaron conseguir ou unha remodelación da piscifactoría para volver a abrila ou unha indemnización.

Actualmente o lugar está escondido entre moitas silvas. Ademáis no 2001 ese lugar foi utilizado por uns delincuentes especialistas en caixas fortes  para escondelas alí.




Pareceme que este tipo de actos teñen que ser criticados, e os responsables deben pagar o que fixeron, xa sea axudando a súa reremodelación ou pagando unha indemnización. Actualmente "O Cisne" está en quebra e xa non pode facer nada, pero neste caso, tería que ser o dono o que arreglara o dano que lle fixo a piscifactoria. Manuel Rico aínda segue esperando unha disculpa polo menos xa que algunhas persoas destruiron a súa empresa que tanto lle costou facer

Grazas por ler isto, un saudo.


jueves, 9 de octubre de 2014

A desgraza dunha mala decision

Esta é a miña primeira entrada no blog. Quería falar dun tema que ocorreu moi cerca de onde vivo hai 16 anos, pero foi un feito moi importante para Fene.
O Discover Enterprice é un buque de prospección petrolifera que foi creado a finais do Seculo XX en Astano

O 13 de xaneiro de 1998 moi de madrugada, o Discover Enterprice chocou contra a ponte das Pias cando foi arrastrado por un vento de 100 kilometros por hora, destrozando as amarras do muelle e atravesando 100 metros do Ponte das Pias, foi un gran accidente que deixou a un gran número de persoas sen poder ir directamente a Ferrol dende Fene, xa que tiñan que ir por Xubia.
 O Discover Enterprice saiu un día de madrugada cando a mar estaba moi revolto e ninguén lle aconsexaba ao barco sair porque o peligro dun choque, ou doutro tipo de accidente era bastante amplo. Aínda asi, o comandante do barco decidiu sair e arriscarse ao que puidera pasar, e sobre as 3 de madrugada, ocurriu o feito que xa describin anteriormente.

Aqui vos deixo algunhas imaxes deste feito










Nestas dúas imaxes podese apreciar a violencia do choque, que provocou o susto dos que iban polo ponte, xa que non morreu ninguén, algo que polo menos fai que o feito so se recorde pola ruptura do ponte e non pola morte se xente, xa que puido morir moita xente pero choquou a unha hora pouco transitada.

Elexin este tema porque creo que o tema do choque deste barco pode explicar en parte, o que lle pasou a Galicia. É unha metafora de desastres naturais que foron condenados a destrozar un gran sitio, moi util para todos os galegos e que reflexaba a beleza dunha pequena parte de Galicia, Creo que a Galicia pasoulle o mismo que ao ponte, unha mala decisión ou mala sorte, xente que non sabe cuidar o que ten, ou que ten decisión equivocadas, provocaron esta destrucción.

Creo que este accidente sempre se recordara na comarca de Ferrolterra, pero para mal ou para ben, foi, é e sera parte da historia da nosa terra