martes, 25 de noviembre de 2014

O Castro Galaico-Romano

Estaba eu o outro día cun amigo, e contoume a súa viaxe a Lugo, e díxome que en Viladonga había un castro pero non me dixo moito del, a partir de ahí comecei a buscar información sobre o castro.

O Castro de Viladonga está situado a uns 550 metros de altitude na cima dun monte situado no bordo oriental da Terra Cha lucense. Comezou a escavarse no 1971 e dende ese ano tivo escavacións periódicas, na que se encontraron multiples elementos e materiais que estan gardados no Museo do Castro de Viladonga





É un castro característico de tipo noroeste, ten estructura circular rodeado de varias murallas coa súa correspondente acrópolis no interior. Nesta zona é onde se encontraron a maioria das edificacións tanto privadas coma públicas.

Todo o encontrado no castro fai indicar que  que houbo un asentamento cunha ocupación importante e durareira do século II ao V d.C., etapa de mestura da poboación galaica nativa e a romana conquistadora, polo tanto ten unha mestura tanto de tradicións coma de culturas e moitas máis cousas xa que as diferenzas entre a cultura galaica e a romana son bastante notables.

Todo isto fai indicar que ten moitas influencias das dúas culturas polo tanto é entendible que teña a súa orixe partindo de ambas culturas.




Aquí vos deixo un video no que da unha información adicional sobre o castro.


sábado, 22 de noviembre de 2014

O santo do pano vermello

Bueno, esta semana vou falar sobre o mito do monte de Paralaia.

O monte de Paralaia esta pragado de tesouros e encantos que se van coa marea. Non se sabe realmente onde esta a cova de Paralaia, pero hai testigos que a describen cunha ampla entrada de dous metros de altura, dous escalóns e un paso que leva a catro ou cinco galerías.



Para facerse rico hai que ir á cova as 12 da noite no día de San Xoan e encontraraste cunha meiga que che dira o que tes que facer.

Contan que no ano 1985, un mouro estaba no pazo da Rosalia e pediu un carro para ir a cova de Paralaia. O mouro so entrou na cova, chovía, tronaba e a media hora saiu o mouro cunha figura de santo enriba. Puxérona e levárona ata a praia da Xunqueira. O mouro púxose enriba da figura do santo e desapareceu. 
Un ano máis tarde, a dona de pazo recibiu un paquete con pano de seda vermello e unhas letras agradecéndolle todo e invitandoa a que puxera o pano onde quixera. A dona do pazo, púxo o pano nun nogal pero ao día seguinte o árbol desapareceu


Esta lenda esta basada nunha cova que existe pero que nesa época ninguen sabía a súa localización, espero que vos gustase, un saudo.

lunes, 17 de noviembre de 2014

A barca da pedra

Estaba eu aburrido, sen facer nada mentres meus país vían o telexornal cando de repente saiu unha noticia sobre A Virxe da Barca de Muxía(que se encontra no sur da Coruña) e puxenme por buscar información dela aínda que non me fixo falta buscar moito xa que a maioría da historia, contaronma uns amigos dos meus pais.

Dise, que a Virxen foi a Muxia nun barco de pedra para darlle animos ao apostol Santiago de cara ao seu camiño de divulgación da doctrina de  Xesus.

As pedras que estan soltas por ala, son os restos da embarcación da Virxe. Pois debaixo dunhas destas rocas, encontrouse a imaxen da Virxe, a cal foi levada ata a igrexa. Días máis tarde, a imaxen desapareceu pero foi encontrada outra vez debaixo da mesma pedra.

Por iso, construise aquí a igrexa, neste lugar de paso dos peregrinos onde a Virxe quixo quedarse e de onde nunca marchou.




Tristemente, fai case 1 ano foi víctima dun incendio pero grazas aos veciños e ao concello de Muxía, está igrexa tan coñecida xa está outra vez coma sempre

Aquí un enlace a unhas fotos sobre a Virxe da Barca e como viven os veciños esta festa