miércoles, 22 de octubre de 2014

A importancia de coidar o noso

Esta semana, vou tratar un tema que é un dos problema máis importantes de Galicia,

O tema que vou tratar hoxe é a calidade das augas. A calidade das augas podese definir como as características químicas, físicas, bióloxicas e radióloxicas da auga.





En Galicia, sempre foi e será moi importante o problema da calidade da auga, os cauces fluviais e as rías reciben todo o tempo vertidos de auga, tanto de industrias como de aldeas ou das cidades. Aqui vos deixo un video dun anuncio de 2010 sobre este tema.

O litoral está moi afectado por este tema, e dañan tanto as paisaxes como o ecosístema mariño, por exemplo,  Ría de Ferrol  ten 500 focos contaminantes e a Illa de Arousa ten 150.

Ademaís, en Galicia, hai 30 playas galegas que figuran na lista das playas con peor auga para o baño. Entre elas, as peores son BarallobreA Cabana...
Con isto observamos o mal que estamos a coidar a auga en Galicia, e, ademaís tamén hai un gran número de praias que teñen unha calidade de auga deficiente.





Somos culpables da calidade que teñen as nosas augas, aínda que os máis culpables son as grandes industrias que sonas que  verten a maioria do vertido, aínda que seguramente verteran máis pero iso non o sabemos. Temos que coidar as nosas augas porque son moi importantes para a vida diaría e senón as coidamos pode que algún día en non moito tempo, arripintámonos para sempre de non tomar esa decisión.

A información saqueina dun par de artículos, que vos vou deixar abaixo por se queredes lelos
A auga das prais e moito por facer en Galicia

Grazas por ler esta entrada, espero que vos guste. Un saudo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario