miércoles, 15 de octubre de 2014

O desastre de Xuvia

Benvidos, esta é a segunda entrada que fago no blog, e neste caso vou falar sobre a piscifactoria de Xuvia. Teño que recoñecer que son sabía da súa existencia nin do que lle pasou pero grazas a Manolo empecei a buscar información sobre o tema e pareceume o bastante interesante para traelo ao blog.

Unha piscifactoría é unha instalación dedicada a cria de peixes para o seu consumo. A piscifactoría de Xuvia empezou no ano 1973 pero trece anos máis tarde no ano 1986, a conserveira de San Sadurniño "O Cisne" vertiu residuos que provocou un desastre ecolóxico. 

O río Xuvía nace no concello de Somozas, atravesa Moeche e San Sadurniño e desemboca en Xuvía, entra Narón e Neda. A conserveira ademáis de fastidiar a piscifactoría, tamén provocou a morte de numerosos peixes.

"O cisne" foi unha conserveira de San Sadurniño que tivo moitos traballadores procendentes de Navantia e que obtivo subvencións do Estado Español e Europeo. "O Cisne" foi creado unicamente para gañar diñeiro das subvencións, e ademáis de estafar, destruiu unha das mellores piscifactorias de Galicia.




Manuel Rico, o dono da piscifactoría, dixo que na súa piscifactoría logrou almacenar ata 300 toneladas de peixes. Tiña un lugar bastante bo e fíxose famosa por ter moito bonito. A piscifactoría pasou por un momento de xuizos no que intentaron conseguir ou unha remodelación da piscifactoría para volver a abrila ou unha indemnización.

Actualmente o lugar está escondido entre moitas silvas. Ademáis no 2001 ese lugar foi utilizado por uns delincuentes especialistas en caixas fortes  para escondelas alí.




Pareceme que este tipo de actos teñen que ser criticados, e os responsables deben pagar o que fixeron, xa sea axudando a súa reremodelación ou pagando unha indemnización. Actualmente "O Cisne" está en quebra e xa non pode facer nada, pero neste caso, tería que ser o dono o que arreglara o dano que lle fixo a piscifactoria. Manuel Rico aínda segue esperando unha disculpa polo menos xa que algunhas persoas destruiron a súa empresa que tanto lle costou facer

Grazas por ler isto, un saudo.


1 comentario:

  1. ola adrian. Sobre o mesmo http://www.falamedesansadurnino.org/imaxe/desastre-ecoloxico-no-xuvia/

    ResponderEliminar