martes, 25 de noviembre de 2014

O Castro Galaico-Romano

Estaba eu o outro día cun amigo, e contoume a súa viaxe a Lugo, e díxome que en Viladonga había un castro pero non me dixo moito del, a partir de ahí comecei a buscar información sobre o castro.

O Castro de Viladonga está situado a uns 550 metros de altitude na cima dun monte situado no bordo oriental da Terra Cha lucense. Comezou a escavarse no 1971 e dende ese ano tivo escavacións periódicas, na que se encontraron multiples elementos e materiais que estan gardados no Museo do Castro de Viladonga





É un castro característico de tipo noroeste, ten estructura circular rodeado de varias murallas coa súa correspondente acrópolis no interior. Nesta zona é onde se encontraron a maioria das edificacións tanto privadas coma públicas.

Todo o encontrado no castro fai indicar que  que houbo un asentamento cunha ocupación importante e durareira do século II ao V d.C., etapa de mestura da poboación galaica nativa e a romana conquistadora, polo tanto ten unha mestura tanto de tradicións coma de culturas e moitas máis cousas xa que as diferenzas entre a cultura galaica e a romana son bastante notables.

Todo isto fai indicar que ten moitas influencias das dúas culturas polo tanto é entendible que teña a súa orixe partindo de ambas culturas.




Aquí vos deixo un video no que da unha información adicional sobre o castro.


No hay comentarios:

Publicar un comentario