sábado, 22 de noviembre de 2014

O santo do pano vermello

Bueno, esta semana vou falar sobre o mito do monte de Paralaia.

O monte de Paralaia esta pragado de tesouros e encantos que se van coa marea. Non se sabe realmente onde esta a cova de Paralaia, pero hai testigos que a describen cunha ampla entrada de dous metros de altura, dous escalóns e un paso que leva a catro ou cinco galerías.



Para facerse rico hai que ir á cova as 12 da noite no día de San Xoan e encontraraste cunha meiga que che dira o que tes que facer.

Contan que no ano 1985, un mouro estaba no pazo da Rosalia e pediu un carro para ir a cova de Paralaia. O mouro so entrou na cova, chovía, tronaba e a media hora saiu o mouro cunha figura de santo enriba. Puxérona e levárona ata a praia da Xunqueira. O mouro púxose enriba da figura do santo e desapareceu. 
Un ano máis tarde, a dona de pazo recibiu un paquete con pano de seda vermello e unhas letras agradecéndolle todo e invitandoa a que puxera o pano onde quixera. A dona do pazo, púxo o pano nun nogal pero ao día seguinte o árbol desapareceu


Esta lenda esta basada nunha cova que existe pero que nesa época ninguen sabía a súa localización, espero que vos gustase, un saudo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario