domingo, 15 de febrero de 2015

A inxustiza de Guitiriz

Nesta ultima entrada vou cambiar un pouco o tema, nas outras entradas case sempre había manifestacións ou outras formas pero nesta vou falar dunha revolución un pouco máis pacífica, podese demostrar.

Nesta ocasión a inxustiza prodúcese en Guitiriz, un pobo ubicado na provincia de Lugo. Os veciños da comarca luguesa de Guitiriz chegaron ao tope da sua paciencia cun cerco que colocaron os militantes. Os veciños xa estaban aguantando helicopteros que estrasaban aos seus animais y demais cousas, pero non se explican porque fan agora un cerco, non entenden a súa función nin si esta pode ser legal.



Os veciños de Guitiriz estan cansados de que os militares poidan facer o que queiran e eles non, os militares poden facer o que eles queren na súa base pero non nos demáis camiños se os habitantes non poden entrar as bases dos militares, eles tampouco poden usar os camiños publicos para accións militares coma pegar tiros que dañan as casas, sobretodo as paredes destas.

No pasado compartían camiños cos cazadores pero iso co cerco esta máis ca complicado e observase que estan facendo un uso abusivo do poder.

Fíxose unha reunión na que había moitos políticos pero na que os veciños non se quedaron calados, e aínda que non fixeron manifestacións nin nada parecido, estaban pensando en denunciar aos militares por un uso que non é o uso normal do terreo.

Os militares están facendo un uso abusivo dunha parte importante desde pobo, pensan que por ser o que son, son superiores aos demaís e claramente iso non é asi, xa que todos somos iguais. Espero que este feito non quede así e os veciños da comarca luguesa de Guitiriz reciban unha satisfacción despois de tantas inxustizas.
Creo que a xustiza vai facer o que debe facer e non se deixara intimidad por estos militares.

O pobo de Guitiriz quere demostrar que a xustiza e o diálogo poden funcionar mellor ca as manifestacións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario