Terceira entrada, esta será aproveitando que maña fase unha manifestación para o uso do galego, e diso tratara esta entrada, da dignificación do galego e do seo pouco uso
Mañá, o 8 de febreiro de 2015 realizarase unha manifestación en Santiago a favor do galego, é dicir, a favor do uso do galego e de que volva a ser unha lingua principal e non como é agora, unha subordinación do castelán. O que se quere conseguir con isto e que se volva a usar o galego como se usaba antes, habitualmente, e non sexa unha lingua que este mal visto cando se usa ou que directamente, que a xente deixe de usala porque co paso do tempo, cada vez menos xente falará en galego, enton, non llo podran ensinar aos fillos e desaparecerá pouco a pouco.
Marcos Maceira foi a persoa que organizou esta convocatoria que sairá as 12 horas da mañá dende a Alameda de Santiago. Marcos dixo que esta convocatoria é obrigatorio debido a "que os pais se senten humillados porque queren que os seus fillos teñan competencias minimas na lingua galega"
Marcos tamen dizo que a educación é unha españolización máis debido a que ptofesores que queren impartir clases en galego non poden por primeira vez na democracia e ademáis reduciuse o número de asignaturas que se imparten en galego.
Marcos Maceira é un home que está dicindo moitas verdades sobre a lingua, estamos nunha comunidade autonoma bilingue pero parece que usar o galego pode ser usado como discriminación ou incluso asociase a persoa que fala galego cunha persoa menos culta, menos intelixente ou como din eles, un "paleto".
Isto non é asi, non se pode definir a alguén polo seu idioma, por iso e polo que Marcos espera que moita xente vaia mañá a manifestación e axuden ao galego a volver a posición que lle compre, a poder ser elexida con igualdad de condicións e non partir nunha posición desfavorable.
Esta manifestación ten moita pinta de que vai ter a moitos radicais, xente nacionalista e xente independentista como pasou hai uns anos que rematou dunha forma que non é tolerable, con violencia por parte de ambos lados.
Esperemos que isto non remate asi, é bo que Galicia se expresa, que non sexa sumisa pero non é necesario usar a violencia para expresarse, nin os policias poden pegarlles aos manifestantes nin viceversa, ainda que os que usan a violencia soen ser os 10-20 de sempre que so van para pegarse coa xente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario