viernes, 10 de abril de 2015

A independecia de Cuba desde dentro

O outro día pregunteille ao meu pai sucesos que ocorreron co seu pai, é dicir, co meu avó, pero desta vez quixen ir un pouco máis adiante e pregunteille polo seu avó, é dicir, o meu bisavó. Poucas cousas pudo contarme del xa que non o coñeceu moito nin ninguén nunca lle contou cousas sobre él, pero das poucas cousas que me puido contar, unha pareceume interesante e importante, xa que meu bisavó estivo en Cuba no 1898.

Para os que non o sepades, no 1898, España perdeu as súas ultimas colonias, sendo Cuba unha desas últimas. España perdeu esas colonias debido a que Cuba pensou que fora España o que afundira un buque que ía hacía Cuba, logo diso, Cuba enfrentouse a España para conseguir a independencia, a victoria de Cuba foi doada debido ao apoio que conseguiu dos Estados Unidos de América.

Despois desta introdución sobre o feito histórico de Cuba, contar que o meu bisavó Manuel Fraga Naveiras estivo en Cuba nesa época moi dificil xa que xuntábanse moitas causas que provocaban unha vivencia dificil debido ao desexo de independencia, ao buque que xa comentei antes e ao rexeito que había de España en Cuba.

Meu bisavó traballaba cortando cana de azucar, un tipico produto que se trasladaba de Cuba hacia España e no comercio tiña unha importancia bastante grande. Non sei moito de meu bisavó nin teño forma de sabelo pero él non estaba contento en Cuba, aproveitaba calquera situación para vir a España e no momento en que Cuba deixou de ser unha colonia española, él volveu a España onde anos máis tarde púxose a traballar en Bazan.

A súa experiencia é que Cuba era un país no que se sabía que en calquer momento ían sair a rúa en busca da independencia pero de forma violenta, buscarían calquer feito para facelo.

Pero segun me dixeron, meu bisavó era moi positivo e sempre dicía que o mal que o pasou en Cuba fixolle pensar no importante que era a familia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario