lunes, 13 de abril de 2015

Plenitud na sua madurez

Para a última historia sobre a miña familia, reserveime unha historia máis descoñecida para min e que me alegrou máis coñecer. Nesta entrada falarei sobre o irmán da miña bisavoa ou dito doutro modo, o padriño do meu tio.

Esta persoa da que voy falar chamábase Juan Redondo Teijero (1891-1959) e ao principio da súa vida non tivo experiencias moi destacables como para comentar aquí, pero coa chegada da súa madurez comezou a facer cousas bastante increibles para o lugar no que estaba e para a época.

Para comezar, dicir que nos no 1920 emigrou a Cuba, deste feito dicir que hai un album cheo de fotos de Cuba feitas polo irmán da miña bisavoa e que actualmente non está a miña disposición xa que lle preguntei tanto ao meu tío como a miña nai.

Logo de ir a Cuba e volver, chegamos ao ano 1940 no que o detiveron por axudar aos maquis (grupo de escapados no periodo posterior a Guerra Civil que estaban en contra do réxime franquista) debido a que un grupo de maquis eran veciños del.

Logo, chegou a súa acción máis recoñecida no paso do tempo que foi a creación dunha central térmica no río Belelle no ano 1949, a cal deu electricidade a Cabalar, Guente e a zona do Belelle. Foi a primeira central térmica da zona de Cabalar e alrdedores. Esta central térmica tiña o nome de Electra Cabalar e con cun capital de 500 000 pesetas o cal era unha barbaridade para esa época aínda que na actualidade non sexa tanto.

Ao redor do ano 50, esta empresa Electra Cabalar foi ofrecida a empresa Fenosa pola cantidade de 5 millóns de pesetas, algo que Fenosa non chegou a pagar nunca.

Ata aquí a historia do irmán da miña bisavoa, o cal trouxolle moitas alegrías ao pobo por ser a primeira persoa en levar a electricidade, ademáis esforzábase polos seus  veciños como comentei antes co caso dos Maquis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario