O tema que temos que tratar este mes é o de Galicia culta, despois
de pensar un bo anaco e de buscar moito, atopei a un escultor do cal non oín
falar nunca nin nos medios de comunicación nin noutro lado, este escultor
chamase Xosé María Acuña López.
Xosé María Acuña López é un escultor galego de Pontevedra que
naceu no 1903 e morreu en Vigo no 1991. Os país de Xosé María, tiveron oito
fillos, dos cales 4 naceron xordos e Xosé María foi un deles, elexin a este
home porque pese as dificultades que tiña, logrou ser un referente para todos
os xordos e para todos os escultores, xa que foi un dos mellores escultores de
Galicia, aínda que non foi moi recoñecido en vida.
Este home fixo da súa escultura, a súa linguaxe, todas as obras
que realizou foron cun sentido, cunha temática clara coa que quería expresar
todas as súas opinións dun método distinto,non expresaba o que sintia a través
da linguaxe, senón que o facía a través da escultura.
Aquí, un exemplo da súa escultura, cunha obra que realizou para a cerámica de Pontecesures
A temática das súas obras son os hitos de Galicia e os seus
habitantes, usa héroes anónimos coma os peregrinos e conten unha vocación educativa. Tiña una forma
moi realista de facer as caras, según el, as caras das esculturas deben
representar a personalidade, o estado de ánimo e a dureza da vida. Trata os
corpos con un coidado exquisito coas debidas proporciones e usando o barro coma
se parecerá tela. Ten obras en China, Xapon, Estados Unidos...
Ten varías esculturas moi boas, pero as que destacan son "Mariñeiros” e “Peregrinos loitando contra o vento”
En "Mariñeiros" vese a 3 figuras, un mariñeiro, e ao seu lado parece
que está a súa muller e o fillo. O mariñeiro está coidando a sua familia por
todos os problemas que teñen que sufrir e pasar con máis pena ca gloria.
En "Peregrinos loitando contra o vento", vese como di o título, un
peregrino que está facendo o camino cara Santiago e loitando contra os
fenómenos metereolóxicos adversos aos que ten que facer frente para lograr o
seu obxetivo de pregrinación.
Foi o primeiro docente sordo de Galicia, e exerceu esta profesión
durante moitos anos. sendo a súa segunda gran vocación por detras da escultura. Durante un tempo, deulle clase a persoas coa mesma
discapacidade ca el, os alumnos dicían que era coma o sea segundo pai, foi un
exemplo para todos eses alumnos que soñaban con ser coma el.
Non recibiu moitos premios para todo o que fixo, pero a maioría
son importantes, como a medalla ao Merito e o Traballo e no 1990 a medalla
Castelao.
Cando morreu tivo máis recoñecento que cando estaba vivo, xa que
como pasa neste país, é máis fácil reconocer a unha persoa cando xa esta morta
que a unha cando esta viva xa que todo cobra maior importancia cando o
perdemos.
En Vigo tivo bastantes
recoñecementos, leva o nome dunha rúa, o nome dun colexio e fixéronlle un busto
como tributo ao seu traballo, tamén tivo algún recoñecemento na provincia de A Coruña, cunha exposición que presentou o seu fillo
Este home é un exemplo para todas as persoas, demostrou que con
esforzo, traballo e moita paciencia pódese sacar todo o que se quere, este home
ten moito merito por todo o que fixo, o que innovou e a herencia que deixou,
deulle importancia a escultura e unha nova forma de comprendela. Grazas a él, a
escultura, tanto galega coma española, tomou un novo rumbo, foi xunto a outros
grandes artistas, as persoas que lle deron un novo rumbo a escultura.
Aquí un video que encontrei sobre a súa vida, non ten ningunha
música de fondo pero trata sobre alguns acontecementos da súa vida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario