Normalmente cando alguen fala de música en galego, o primero que se che ocorre e máis se ves de fora, é pensar que o típico en Galicia sería música de gaitas, música clásica... pero esos son os tópicos e coma todos, estes tópicos estan para romperse. Pero para que isto pase, ten que haber un conxunto de grupos ou bandas que mostren que hai outros camiños, e un destes grupos que romperon con tradicional foi Adóbriga.
O lema de Adóbriga é un raposo no que debaixo encontramos dúas guitarras eléctricas cruzadas
Adóbriga é un grupo de rock de orixe ferrolano que compon música tanto en galego coma en castelan pero cun proposito claro, demostrar que o rock tamén pode triunfar en Galicia. Adóbriga empezou fai 3 anos e agora son un grupo que xa actuan en grandes cidades galegas coma Santiago.
Adóbriga está formado por 5 amigos e o nome ven dun pobo prerromano da comarca de ferrolterra que se axusta perfectamente as características do grupo.
Tiveron un par de entrevista co xornal "A Voz de Galicia" unha no comezo do verán de 2014 e outra un ano antes en pleno mes de xullo.
Aquí un video no que se mostra como ven o mundo, os seus orixes...
En conclusión, este grupo é moi xoven xa que so ten 3 anos, camiño dos 4 pero teñen un futuro moi amplo e con esplendor. Poder ter influencia na cultura galega e castelán, aínda que non a teñen na actualidade.
Non teñen unha influencia na actualidade pero elexin esta grupo para poder reflexar un futuro esperanzador e con moitas ilusións tanto para o grupo coma para o rock en Galicia. Espero que este grupo teña o futuro que lle corresponde e sexa un referente para outros moitos grupos de rock en Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario