Antes de facer este entrada, observei que este mércores 17 entréganse os Premios da Cultura Galega 2014, onde recoñécese a
todas as persoas, grupos ou institucións que favorecen o desenvolvemento da
cultura galega, pero eu non viñ a falar disto nesa entrada, eu veño a falar
dun dos gañadores deste premio.
Nesta entrada vou a falar de Agapi
Agapi(Asociación galega de produtoras independentes) é unha asociación
empresarial que agrupa a aproximadamente empresas produtoras de cine,
televisión, publicidade... e contribue ao desenvolvemento da industria galega.
Ademáis, son uns dos recentes gañadores dos premios comentados anteriormente
pola súa labor audivisual.
Esta asociación que compre 20 anos dedica o seu traballo a
internacionalizar a cultura galega e levala a todolos sitios posibles.
Agapi é unha empresa galega que sorprendeu por todo o que fixo, nunha
palabra, innovou, e por iso organizou a primeira representación galega no
maior e millor mercado de todos, no tema audivisual, en Cannes (Francia). Tamén participaron na elaboración da aprobación dunha nova lei estatal de cine do 2007.
Aquí a directora de Agapi(Dolores Ben) recolle o premio da cultura galega.
Por qué lle dedico a miña entrada a falar de Agapi?
Porque parecenme que fan unha labor moi difícil e realizono moi ben. Levan 20 anos innovando e levando a cultura galega audivisual ao estranxeiro, algo que non é doado e que leva moito tempo
facelo.
A conclusión que saco de todo este tema é que persoalmente pareceme que
Agapi intenta levar a cabo o que os galegos queremos que pase pero que non
facemos moito por conseguilo, é dicir, queremos que a cultura galega sexa moi
boa, visto en todos mundos etc, pero preferimos ver películas extranxeiras,
series estranxeiras… Aínda que por desgraza teño que incuirme neste grupo, xa
que a televisión e Internet provocaron que o que o espectador medio quere ver é
acción, moitas luces, pirotecnia… pero deberíamos ver unha película ou unha
serie non polos elementos externos, senón pola calidade da propia serie ou
película.
Para os que queirades saber máis deste tema podedes visitar a súa páxina web ou ben o seu twitter
No hay comentarios:
Publicar un comentario