Para entender esta historia, hai que irse ao século 19, máis en concreto a Decada Moderada de Isabel II (1844-1854), no que un xeneral, o xeneral Narvaez foi quitando todas as liberdades que se foran conseguindo pouco a pouco e iso en xeral non gustou sobretodo as personas que tiñan unha clase social baixa(campesiños, gandeiros...) que eran os que máis demandaban as liberdades e por culpa do xeneral Narvaez, todo iso foise ao garete.
Por todo isto, un home, o coronel Miguel Solis, revelouse e foi exactamente o día 2 de abril de 1846 cando se revelou en Lugo. O 15 dese mismo mes, constituiuse en Galicia a Xunta Superior do Reino de Galicia no que chegaron ao acordo de que tiñan que quitarlle o poder ao Xeneral Narvaez e recuperar todos os dereitos que se lle foron quitando inxustamente a Galicia.
Esta é unha imaxe de Solis, o home que intentou salvar Galicia
O día 23 foi o día da batalla, entre as tropas enviadas polo goberno a Galicia e os sublevados. Foi unha batalla que non durou nin un día e as tropas do goberno ganaron a batalla aos sublevados co que Miguel Solis tivo que entregarse e o día 26 de abrl nun xuicio (que non foi celebrado en Galicia por medo de que os que apoiaban a Solis boicotearan o xuicio) no que foi condenado a morte.
Ese día, o 26 de abril de 1846, todas as esperanzas dos galegos por volver a ter os dereitos que lles pertencian, por volver a sentirse libres, por ter a Galicia que eles querían, todos esos soños desvanecéronse rapidamente pero puideron sentirse orgullosos, xa que esta pouca xente pode dicir que o seu soño foi destrozado, si, pero que polo menos loitaron por intentar cambiar a historia, e por demostrar que non sempre os grandes gañan.
No hay comentarios:
Publicar un comentario