lunes, 12 de enero de 2015

A decisión máis fácil

Galicia é unha das poucas comunidades autónomas con dous idiomas oficiais, algo que en teoria non é malo para unha sociedade pero que ao final acabao sendo.

Actualmente a maior ventaxa do uso de dous idiomas oficiais nun territorio e que podes elexir un ou outro xa que os dous son correctos, pero ao millor, isto deixa de ser unha elección..

O que pasa e que o galego e o castelan non son compatibles, . Actualmente, o castelan é unha lingua que ten máis prestixio tanto na propiao que provoca que unha lingua sexa a maioritaria(máis importante) e outra sexa a minoritaria(menos importante) Galicia coma fora dela, o castelan usase en case todos os ámbitos da vida cotia. Por exemplo, na educación, aínda que hai asignaturas impartidas en galego, a gran maioria son impartidas en castelán, ben porque o castelan úsase máis ou ben porque estamos nun país no que se quere inculcar o uso do castelán en todo o territorio.

O uso do galego está sendo cada vez menor porque as novas xeracións estan sendo inculcadas nunha castelanización progresiva e lenta pero moi efectiva. O que quero dicir é que pouco a pouco, o galego ira desaparecendo, e como din os estudos, dentro duns 30 anos, so 1 de cada 4 galegos falaran o propio galego. 

No pasado, o galego era unha lingua falada por unha maioria abundante da poboación, pero na actualidade como podedes observar nesta gráfica, o uso do galego está baixando a ritmos moi altos, e isto é unha gráfica do 2003, o normal sería que actualmente, o uso de galego aínda baisaxe máis

Como pódese ver, segue a ser predominante o uso do galego pola terceira idade e como as novas xeracións, van usando cada vez máis o castelan ca o galego.

O análise disto a longo prazo é sinxelo se a situación non cambia, estas persoas que so falan castelan, van seguir falando castelan toda a vida, e ese será o idioma que lle ensinen aos seus fillos, asi seguira e seguira ata que o galego quede reducido a un dialecto. 

Aquí unha entrevista realizada ao secretario da Real Academia Galega na que fala sobre uns datos sobre o galego que sairon hai mais ou menos un mes.

Esta situación ten que cambiar, os plans propostos estan ben pero non teñen un efecto rápido, asi que para que isto cambie, teñen que seguir os cambios e os ciudadanos temos que concienciarnos de que se non cambiamos isto, pode ser que nunca máis sexa unha elección.



No hay comentarios:

Publicar un comentario