jueves, 29 de enero de 2015

Coia é diferente

Nesta entrada quero reflexar o espirito rebelde de Galicia nun pobo moi particular, nun pobo do que polo menos eu non escoitara falar nunca, este pobo chámase Coia, Vigo. Este pobo pode ser catalogado por diferentes palabras pero nunca coa palabra sumisa.

Todo empezou coa expropiación de fincas e a súa conversión en chan residencial do ano 1963, o obxetivo disto era formar un recinto no que se contruiran cerca de 9000 vivendas. Coia era un sitio tranquilo, sen moitas vivendas como se pode apreciar nesta imaxe.



 Esta lei aprobouse no ano 1963, en plena ditadura framquista polo que isto intentouse levar o máis silenciosamente posible pero iso non foi posible e descubriuse que o diñeiro que lle tiñan que pagar aos veciños non foi o que realmente pagaron e ademáis sairon a luz certas irregularidades que incumpría o goberno.

Estou seguro de que este feito pasou en numerosos lugares, pero en Coia non ían quedarse cos brazos cruzados e saíron a rúa para revelarse contra o establecido, contra as normas incumpridas, contra os que propuxeron a lei, contra todo o que lles provocaba este malestar, pero aínda con todo isto, Coia non logrou o que quería e todo iso foi construido.

Barco da rotonda

Pero Coia non é coñecida so por este feito do polígono, Coia esta vivindo un feito a día de hoxe, un feito que lles obrigou a sair a rúa outra vez.
Esta vez, o alcalde de Vigo tivo a idea de poñer un barco de pesca de altura( conservado dende o século XX ) nunha rotonda, isto trae varios problemas, os que na miña opinión son os problemas máis importantes son:
-Non entendo porque hai que poñer un barco nunha rotonda, imaxino que será en forma de homenaxe pero para min estanse equivocando
-Levar o barco ata a rotonda pode traer uns costes de 2 millóns de euros, o que se podería usar para mellorar ou construir ifraestructuras sociais e non para isto.

Os veciños de Coia levan varíos días manifestandose e con algún enfrentamento coa policia. Destaco o cantinela que realizan nas súas manifestacións, "Non poder ser, non pode ser, o barco na rotonda e as familias sen comer"

Agora vou deixar un par de enlaces de videos nos que se refrexa o enfado dos veciños sobre este último asunto:

Non ao barco da rotonda. Encontronazos coa policia
Declaracións sobre o barco da rotonda
Aquí un dos moitos reportaxe da TVG sobre este feito


No hay comentarios:

Publicar un comentario