sábado, 2 de mayo de 2015

Prestixio

Este novo tema que nos propuxeron é o de distopia, é dicir imaxinar un futuro negativo, un futuro problemático, algo que ten probabilidades de pasar. Cando se lle pregunta a maioría da xente dira que o idioma é o máis típico, é o que máis persoas calificarían como distópico.

O idioma é aquilo que ten máis probabilidades de perder peso ou incluso de desaarecer co paso do tempo, pero eu non veño aquí para falar do idioma en concreto, eu nesta entrada vou a falar do prestixio.

Segundo a Real Academia Galega, prestixio significa "boa reputación social que acompaña a unha actividade ou ben á persoa ou entidade que desempeña un labor considerado de calidade".

Eu considero que na actualidade, ser galego é considera algo de prestixio, é dicir, ti podes ir pola rúa e dicir "Eu son galego" e poder dicilo con certa ansia, con certo aire de orgullo. Dicir que eres de Galicia non se considera malo nin nada polo estilo (polo menos por aquela parte da poboación que respeta e ten certo coñecemento), pero nun futuro próximo, poderase falar de ser galego e ter certo prestixio?

Nun futuro cercano, poñamos o 2050, ao mellor Galicia nin existe, ao mellor, as comunidades autónomas desaparecen e non hai esa separación, ao mellor esa separación prodúcese pero Galicia anexionase con outra comunidade.

Pero outra cousa que pode pasar, sería que a marca Galicia tívese unha perda importante de prestixio, con isto quero dicir que podería suceder que no ano 2050 que se alguen  pregunta, eres de Galicia? Haxa xente que prefira dicir que non é de Galicia por como estará nesa época.

Despois de todo isto que creo que me quedou algo confuso, decidín resumilo nesta frase.

Dentro de 40-50 anos, os habitantes de Galicia estaran orgullosos de nacer aqui, ou non?





No hay comentarios:

Publicar un comentario