viernes, 15 de mayo de 2015

A dictadura do profesorado.

Con motivo de que esta será a última entrada do blog debido ao fin do curso, e para falar por último, planteime facer esta entrada dun modo distinto, no modo de carta enviada do futuro, pero esta carta terá unha temática concreta, nesta carta centrarase na educación.

(Ano 2042)

Querido amigo, teño o pracer de poder enviarte esta carta para informarte aquí da situación que temos na escola. Meu pai non sabe que facer, está cansado de pagar e pagar e eu só vou en 3ª da ESO, imaxinate cando quera ir ao bacharelato, bueno, se podo, porque se non aprobo todas as asignaturas en 4ª da ESO con menos dun 7 de media, teño que facer 2 anos de exercito ata poder ir ao bacharelato.

Como dicía antes, meu pai no sabe de onde sacar os cartos, non encontra maneira posible de pagar todos os gastos que teño na escola, xa que os libros subiron moito comparándoos aos da súa época, cada libro costa unha media de 70 euros. Ademáis o material escolar non o proporciona a escola, cada alumno ten que pagar unha tasa polo uso do encerado ou das mesas ou cadeiras, bueno, non fai falta dicir que iso da educación gratuita eu xa creo que é unha mentira que me contou meu pai para buscar ese exemplo de que o pasado sempre é mellor, porque eu non creo que fai 25-30 anos puidese haber algún centro con educación gratuita.

No relativo as notas, vou mellorando pero meu pai dime que o temario é moi distinto, a asignatura de lingua galega xa non é obligatoria sendo a que ocupa este cargo relixión, por outro lado os profesores non son benevolentes, son moi esixentes e iso refléxase na forma de dar clase, cada vez que bostezas quítanche 0,1, se estornudas 0,2 e se falas cun compañeiro 0,5, sendo estas reduccións as menos perigosas. 

Os exames son moi dificiles, non hai exames de evaliación, so hai un exame final en xuño e o que suspenda non ten esa opción de  septembre, como me dicía meu paí, repite directamente.

Así está o panorama educativo, espero que cambie pronto e non teña que deixar os estudos. Saudos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario