viernes, 15 de mayo de 2015

O papel da lectura

Despois de pensar e pensar durante varios días un tema de distopia para facer esta entrada, deime conta de que o tema que buscaba o tiña diante da miña cara, e non falo do ordenador, nin da televisión, falo dos libros.

No meu cuarto teño unha estantería chea de libros que lin (algúns por obriga, outros por lecer) e case nunca miro pra eles nin me propoño ler ningún porque xa coñezo o final, pero iso non me ocorre coas series de televisión, películas ou incluso partidos de futbol que vexo unha tras outra tras outra vez sabendo en todas a elas o final, sabendo o remate. Iso é o que non me pasa cos libros.

Os libros están entrando nunha decadencia, nunha baixada moi pronunciada da que será moi dificil que saian, a xente actualmente non lee o mesmo que caen nin parecido, e un alto porcentaxe dos que leen, fano a través do ordenador ou do Ipad. Aínda que logo, hai unha pequena minoria que seguen lendo libros de papel, os libros de toda a vida, e, esas persoas son as que realmente adoran leer, as que leen un libro sentados nun rinconciño do seu xardin, para alexarse do mundo no que viven, afastarse dos problemas. Iso so o fan os libros de papel, aqueles cos que te olvidas de todo, aqueles cos que te metes dentro da historia.

Despois de este parrafo falando do bon que ten ler un libro, e dicir de paso que eu non leo libros en papel habitualmente quero comentar o feito escoitado o outro día na radio, e, ainda que me enrollei bastante, crin necesaria esta introduccion.

A desaparición dos libros é un fenómeno cercano e non parece moi lonxano, ao mellor non os nosos fillos, pero os nosos netos si que poden denominarnos "antigos" por ler libros en papel e dicir que agora se len os libros en Ipad ou nin se leen porque a cultura tamén vai decaendo pouco a pouco.

Aínda que habera un mínimo porcentaxe de xente que non observara a distopía neste feito, eu e creo que a inmensa maioría si que temos medo de que os libros desaparezan. Neste feito, espero que os grandes mestres deste arte axuden a promover un pouco máis esa tendencia que está a decaer coma o do libro. Iso e a maior compra facilitaría o seu auxe, pero o aumento de compra ven provocado por cuestións económicas e iso sería meterso noutro tema.


No hay comentarios:

Publicar un comentario