viernes, 15 de mayo de 2015

Malgastando a canteira

Se na actualidade temos perdas de poboación ou o envellecemento da misma, pasara o mesmo dentro duns anos?

Se seguimos nesta tendencia da que se informou nunha noticia da Voz de Galicia, da cal entereime grazas a noticia que vin no blog xeral, puidenme enterar desta información tan increible, e a vez teño a sensación de que non hai ninguén que faga nada por remediar esta situación, aínda que realmente parece dificil remediar a situación do envellecemento da poboación, si que parece fácil remediar a situación de perda da poboación, especialmente xoven.

Para imaxinarnos esta situación, primero dicir que a posibilidade de que pase este feito é alta, debido a perda de poboación xoven, a cal se vai cara o extranxeiro despois de cursar aquí o estudo debido aos poucos traballos que hai disponibles e eses traballos no 80% das veces non están destinadas a estudantes que acaban de sair da universidade e non tiveron ningun emprego.

Tendo esta situación en conta, hai que planear un futuro posible e a súa vez distópico. Sumando todos istos factores chegamos a unha conclusión:

O futuro de Galicia é complicado, temos un conxunto bastante bo de estudantes, demostrando que  podemos sacar moi bos estudantes e futuros traballadores, pero aquí ven o problema, cando eses grandiosos estudantes non poden quedarse aquí polo motivo de que non hai traballos para eles, a maioria das empresas non queren arriesgar a contratar xente con nula experiencia traballando, iso fai que esta xente vaia cara outros países. A distopía está ahí, no futuro non teremos renovación de traballadores e ahí esta o problema, esa renovación é necesaria en todos os lugares e se aquí non se produce, teremos esa poboación envellecida da que falei antes.

Ese envellecemento é debido as causas anteriores, se as empresas non creen nos novos traballores, estes iranse a outros lugares e co paso do tempo, co paso dos anos a xente que está traballando ira envellecendo e os máis cualificados, que son aqueles que marcharon fai anos, non volveran para cobrar menos, así Galicia irá perdendo poder económico e bos traballadores.

En conclusión, se non aproveitamos este momento no que temos tan bos traballadores, dentro duns anos arrepentiremonos de deixar marchar a tanta xente, pero claro, todo ten solución, a pregunta é, os que mandan queren que buscar esa solución?

No hay comentarios:

Publicar un comentario